Rueda


Si comunicar es transmitir, participar algo a los demás, casi todo nuestro quehacer diario es pura comunicación.

Les ofrecemos datos de la comunicación en Galicia: información sobre los agentes que intervienen en este gran proceso de transmitir y participar a los demás lo que acontece en este País.

Pablo Núñez e Ramón Eijo, Premios de Xornalismo do Belén de Begonte  
O lucense Pablo Núñez González acada o XXXIV Premio de Xornalismo do Belén de Begonte polo traballo titulado: Begonte, Belén infinito, publicado en www.galiciadigital.com.

O escritor lucense PABLO NÚÑEZ GONZALEZ ven de obter o PREMIO BEGONTE DE XORNALISMO na súa XXXIV edición, dotado con 600€ e estatuña de Sargadelos, convocado polo Centro Cultural José Domínguez Guizán de Begonte, co patrocinio da Xunta de Galicia, polo seu traballo BEGONTE, BELÉN INFINITO, publicado en www.galiciadigital.com.


O segundo premio, dotado con 300€ e estatuña de Sargadelos foi para RAMÓN EIJO BALSEIRO, polo artigo A ALDEA DO BELÉN, publicado no xornal El Progreso.


Pola calidade do traballo concedéuselle unha Mención de Honra dotada con estatuña de Sargadelos a XOS RAMÓN ESCOURIDO BASANTA, por UNHA NOVA ESTRELA NO BELÉN DE BEGONTE, publicado en LA VOZ DE GALICIA.


O Xurado estivo formado por MARCIAL GONZALEZ VIGO, BLANCA PACÍN SOMOZA, JESUS DOMÍNGUEZ GUIZÁN e JOSÉ RODRÍGUEZ VARELA. Os premios serán entregados o sábado, trinta de xaneiro, ás cinco da tarde, no centro Cultural de Begonte, dentro dos actos de clausura do Belén Electrónico na súa XXXVIII edición.

X.X.
2010-01-26